40 anos de historia

O Sporting Pontenova fundouse en 1979.
https://www.sportingpontenova.es/wp-content/uploads/2017/10/inner_illustration_01.png

1979
NACEMENTO DO SPORTING PONTENOVA

O Sporting Pontenova fundouse en 1979, militando nesa primeira tempada no Grupo Norte da Segunda Rexional.
O primeiro partido do equipo disputouse o 23 de Setembro dese mesmo ano, contra o C.D. Santaballés.

1979
A MINA

O campo de "A Mina" inaugurouse o 7 de Outubro de 1979, durante as "Festas de San Lucas", coa disputa da cuarta xornada do campionato entre o Sporting Pontenova e o Argeriz, vencendo o equipo local por 2-1.
"A Mina" ten unhas dimensións de 95 metros de largo por 55 de ancho, e conta con un par de bancadas, cada unha nunha banda á altura do círculo central.
https://www.sportingpontenova.es/wp-content/uploads/2019/04/AMINA.jpg
https://www.sportingpontenova.es/wp-content/uploads/2019/08/sporting_terceira2.png

1999-2000
ASCENSO A TERCEIRA DIVISIÓN

Tras varios anos militando en primeira rexional e posteriormente en rexional preferente o equipo disputa a sua segunda fase de ascenso o rematar a tempada 99/00, conseguindo finalmente ascender a terceira división.

2004-ACTUALIDADE
NOVA FILOSOFÍA

Despois de disolverse o equipo o finalizar a tempada anterior, na tempada 04/05, a sociedade volveu a estructurarse gracias a colaboración dos habitantes de A Pontenova. Volvíase a empezar, pero cunha nova filosofía, tratar de crear un equipo con xente de A Pontenova e os seus arredores.
Non so se conseguiu, senon que ademais do equipo sénior, por primeira vez na historia, o Sporting Pontenova conta cun equipo de xuvenís o que posteriormente se foron sumando o resto de categorías inferiores.
https://www.sportingpontenova.es/wp-content/uploads/2019/04/juveniles-antigua.jpg

QUERES FACERTE SOCIO DO SPORTING PONTENOVA?